Dunha breve viaxe tecida

Sentir, sentirse.
Percorrer os tecidos , moverse entre eles.
Percibir a súa oscilación. Lixeiro vaivén.
Cada parada do recorrido ofrécenos un xeito de tecer que nos permite adentrarnos nunha paisaxe de sensacións táctiles e móviles.
No contacto directo da nosa pel coa tela atoparemos diferentes texturas e, á súa vez, unha maior percepción de cada parte do noso corpo.
O suave, o rugoso, o duro, o plano, o áspero, o brando, o trenzado, o cosido, o hilado, o fruncido, o calado… Roupas que foron xa segunda pel ás que lles dou un novo espazo e tempo, retecéndoas para ser tocadas e deixarnos tocar por elas.
Pel
      Tacto
               Movemento
Viaxe Sensorial.